O PP de Boiro critica o endebedamento que suporá para os boirenses a reforma da Cachada

BOIRO> O PP de Boiro critica a aprobación dun crédito por valor dun millón e medio de euros para a reforma da casa da cultura da Cachada. Os populares denuncian que o concello vaia acometer un proxecto que pode chegar ós seis millóns sen ter comprometidos fondos para a súa execución, poñendo en risco a economía de tódolos boirenses

No pleno deste xoves, a corporación boirense daba luz verde a unha modificación de crédito por valor de millón e medio de euros para financiar parte do proxecto de remodelación da casa da cultura orzamentado en 4 millóns. Os populares denuncian que estra obra suporá un endebedamento para tódolos boirenses que terán que asumir, mediante subas impositivas, os fondos que o executivo non é quen de conseguir para o seu financiamento. A este respecto, refírense á subvención concedida en 2023 con cargo ós fondos Next Generation, que xa dan por perdida ante a imposibilidade de cumprir os prazos.

Critican os populares o afán do goberno municipal de asumir un proxecto innecesario como o da Cachada que, calculan podería chegar ós seus millóns de euros, en lugar de investir en servizos tan necesarios e demandados como unha residencia da terceira idade.

Ademais da incapacidade de xestión, o voceiro do PP denuncia a falla de transparencia do alcalde que, di, se negou a dar explicacións sobre a retirada dun punto da orde do día do referido á adxudicación dun préstamo anterior de 2’7 millóns de euros.