Uns vinte barcos tomarán parte este sábado na XIV Regata Congalsa

RIBEIRA> As instalacións do Club Náutico e Deportivo de Ribeira, entidade organizadora, acollían o acto de presentación da XIV Regata Congalsa.

A cita terá lugar este vindeiro sábado 5 de xullo e, como é tradición, estará destinada ás Clases do ORC Regata, Cruceiro/Regata e Cruceiro.

Na regata tomarán parte unhas vinte embarcacións chegadas dende diferentes clubs da zona. Con varios trazados previstos, se as previsións meteorolóxica non fallan ese día, optarase por navegar de Norte a Sur o trazado por Sálvora.

A regata contará unha edición máis co patrocinio de Congalsa. dende a empresa mostráronse moi satisfeitos por poder colaborar con esta proba.

Dende o Club organizador agradeceron o apoio de Congalsa, xa que sen a súa colaboración sería imposible poder celebrar esta regata.

A entrega de premios realizarase unha vez rematada a proba, a partir das dúas do mediodía nas propias instalacións do Náutico ribeirense