O BNG reclama que se manteña o reforzo médico do PAC de Noia a tempo completo

NOIA> O BNG reclama á Xunta o mantemento do reforzo médico no PAC de Noia. Os recortes no servizo supuxeron que este profesional tan só preste servizo os domingos e festivos, en horario de dez da mañá a tres da tarde e non de oito a dez, como facía antes da pandemia.

Os nacionalistas levaron ó Parlamento os novos recortes en materia sanitaria que vén de aplicar a Xunta na comarca de Muros Noia. Denuncia a redución do horario do médico de reforzo no PAC de Noia que atende ademais á poboación de Outes e Lousame. O servizo conta con este terceiro facultativo os domingos e festivos, tan só de dez a tres, cando anteriormente o facía entre as oito da mañá e as dez da noite.

Esta redución de horario non é o único recorte na comarca posto que se veu sumar á  eliminación das Urxencias en Porto do Son.

Na súa iniciativa, Rosana Pérez, reclamou tamén unha nova ambulancia para a comarca para dar cobertura ó incremento de poboación que se rexistra durante o verán.