BOIRO> O Partido Popular de Boiro esixe ó concello explicacións sobre os presuntos positivos en alcoholemia de dous integrantes do executivo. Os populares fanse eco dos rumores que hai varias semanas circulan por redes sociais, demandando dimisións ante un feito que cualifican de extremadamente grave.
Responsabilidade e transparencia é o que esixe o PP de Boiro ante os presuntos casos de alcoholemias positivas de dous membros da corporación municipal. OS rumores trascenderon dende as redes sociais, onde circulan dende hai semanas, ata o pleno cando o voceiro popular expuxo a cuestión no apartado de rogos e preguntas.
Apelan á honradez dos responsables para que fagan público o caso e presenten a dimisión, tal e como esixen as súas obrigas como servidores públicos.
Pola súa banda, o alcalde negou ter constancia destes sucesos e animou ó líder da oposición a facer gala da valentía á que alude para denunciar os feitos.











