Escolares da Pobra iniciaranse no baile deportivo da man do Taller Alecrín

Os alumnos do Salustiano Rey Eiras sa Pobra iniciaranse no baile da man do Taller Alecrín. Participarán en tres sesións de baile deportivo como parte do programa de Educación Física. Ademais das modalidades estándar e latina pecharán a actividade cun concurso de baile.

O Cine Elma acollerá a estrea oficial da curta ‘Adeus, Berta’, ambientada na Pobra

A Pobra acollerá este venres a estrea da curta ‘Adeus, Berta’. Trátase dunha produción de Kraken Media, dirixida por Fernando Tato e protagonizada por Ánxela Andrade e a pobrense Gemma do Carmo. O acto terá lugar no Cine Elma a partir das sete e media da tarde.

Saen á venda as entradas para o concerto da Sinfónica de Galicia en Ribeira

Xa están á venda as entradas para o concerto que a Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerá en Ribeira o 7 de xuño. Os interesados en asistir tan só deberán aboar un prezo simbólico de 3 euros polos que gozarán dun repertorio de Mozart intepretado por máis de 50 músicos.

A novena edición de ‘No bico un cantar’ terá coma protagonistas a Castelao e...

Rianxo acollerá o vindeiro 6 de xuño a novena edición de ‘No bico un cantar’. A actividade, organizada polo Consello da Cultura Galega, reunirá ese día na vila a uns 500 alumnos dos conservatorios de música e centros de ensino musical de toda Galicia que cantarán diversas pezas en homenaxe a Castelao, coincidindo co 75  aniversario do seu pasamento.

O PSOE de Rianxo denuncia a falla de criterio do goberno local nas actuacións...

Os socialistas de Rianxo denuncian a opacidade do goberno de Julián Bustelo nas obras de saneamento e abastecemento. Dende o PSOE sinalan que non existe criterio algún á hora de desenvolver as actuacións, o que xera desconfianza na veciñanza.

A Pobra volverá converterse esta fin de semana en sede do remo nacional

A Pobra será sede esta fin de semana do Campionato de España de Trainerillas. Un cento de embarcacións participarán nas regatas que se celebrarán o sábado e o domingo nas categorías cadete, xuvenil e absoluta tanto masculinas como femininas.

Cruz Vermella Boiro celebra este domingo a súa III Andaina Solidaria Camiño do Ouro

A Cruz Vermella de Boiro celebarrá este vindeiro domingo 25 de maio a súa tradicional Andaina Solidaria Camiño do Ouro que chega este ano a súa terceira edición. A saída terá lugar dende a praza do Concello ás dez e media da mañá.

O PP de Ribeira demanda a mellora da céntrica rúa Mariño de Rivera

O PP de Ribeira levará ó pleno deste mes de maio a mellora da rúa Mariño de Rivera. Consideran que esta vía, a pesar de ser unha das principais arterias comerciais da vila, se atopa en moi mal estado.

As redeiras de Aguiño reciben unha merecida homenaxe polo seu labor ‘invisible’

Nove redeiras de Aguiño recibiron esta mañá unha emotiva homenaxe no Museo Municipal de Ribeira. O concello elixiu este colectivo para distinguilo co Gallo do Día Internacional das Mulleres do Mar.

O PP de Ribeira critica a xestión do goberno trala renuncia voluntaria a fondos...

O PP de Ribeira denuncia a renuncia por parte do concello de parte da subvención do Plan para o Fortalecemento do Comercio. Os populares atribúen á mala xestión do executivo municipal a perda de preto de 300 mil euros de fondos europeos.

REDES SOCIAIS

40,739FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete