Preocupación no sector pola entrada de marisco de fóra que venden coma galego

NOIA> O patrón maior de Noia mostrou a súa preocupación pola entrada de marisco foráneo, principalmente ameixa e berberecho, que, segundo el, o venden coma galego.

Santiago Cruz esixe á Administración maiores controis para evitar esta fraude ó consumidor.

Pero este non é o único problema que ven as confrarías para solucionar a merma da produción nas rías.

Segundo o patrón maior noiés para preservar un dos principais motores económicos de Galicia, como é o marisqueo, precísase unha aposta decidida polo seu saneamento, eliminando dunha vez os vertidos que van a parar a elas.