BARBANZA> Cando se cumpren dez anos do seu falecemento, e coincidindo tamén co décimo aniversario do seu último concerto en Boiro, a Pousada da Galiza Imaxinaria vai a renderlle homenaxe ó músico madrileño Javier Krahe.
O acto será este sábado, no propio local, coa participación dun elenco de artistas do máis destacado, non só do panorama musical como e o caso de Triángulo de Amor Bizarro ou Barahúnda, senón tamén doutras artes, entre eles Alberto de las Heras, María Lado ou Quico Cadaval, que actuará de mestre de cerimonias. Todos eles adaptarán ó seu propio estilo as cancións de Krahe.
Na actividade tomarán parte tamén membros do colectivo ‘Proxecto Krahe’, un cancioneiro virtual creado no 2001, que busca dar a coñecer as letras e a música de Krahe.
A venda de entradas para poder asistir á homenaxe vai a bo ritmo.
Aínda así poderán adquirirse de xeito anticipado a un prezo de dez euros en Baldani Concept Store ou a través da propia web www.apousada.eu.
O mesmo día en taquilla o prezo incrementarase ata os quince euros.










