Cae unha banda especializada en roubos a comercios en toda Galicia

BARBANZA> Despois de case un ano de investigación, a Garda Civil logrou desartellar unha banda especializada en roubos a comercios por toda Galicia.

Foi no marco da denominada operación Bluehammer.

Os axentes do Instituto Armado lograron deter coas mans na masa ós presuntos autores, unha parella, os que se lles atribúen unha vaga de polo menos 51 roubos con forza en establecementos comerciais en nove municipios das provincias da Coruña e Pontevedra, entre os que se atopan Noia, Padrón, Valga e Barro.

Na investigación a Garda Civil botou man na investigación das propias imaxes captadas a través das cámaras de vixilancia de seguridade, que permitiu finalmente a identificación dos dous prendidos.

O modus operandi era sempre o mesmo. Mentres un executaba o roubo o outro realizaba funcións de apoio  loxístico e vixilancia.