Tres recoñecidos muralistas encherán Ribeira de cor na segunda edición do Festival Salmoira

RIBEIRA> Ribeira segue a poñer en valor os seus espazos máis degradados cunha nova edición do Festival de Muralismo Salmoira. Nesta ocasión serán os artistas Mon Devane, Lidia Cao e Fernando Yálezos encargados de encher de cor as fachadas da vila.

Tralo éxito da primeira edición de Salmoira, o concello de Ribeira volve promover este festival de murais para recuperar aqueles muros e fachadas que se atopan en peor estado con obras de arte en gran formato. Nesta segunda edición serán tres os muralistas que decoren o centro da vila.

Como novidade, o festival puxo en marcha este ano o espazo pios en colaboración con varuas asociación e diversos centros educativos do municipio que xa están a deixar a súa pegada tanto no centro da vila como no resto das parroquias.

Ó remate da elaboración dos murais, o concello organizará un acto de clausura que contará coa asistencia do secretario xeral de Política Lingüística.