A Deputación da Coruña ratifica o seu apoio o Club de Remo Puebla cunha...
A Deputación da Coruña oficializou a concesión dunha axuda de 100 mil euros ó Club de Remo Puebla coa sinatura dun convenio que tivo lugar na sede da entidade deportiva. Esta subvención nominativa contou co respaldo unánime de tódolos grupos da corporación provincial.
O Noia inicia mañá ante o Estradense a primeira das eliminatorias para subir a...
O Noia inicia mañá ante o Estradense a primeira das eliminatorias para subir a Segunda Federación. O partido será no Municipal de San Lázaro ás doce da mañá.
O PSOE de Rianxo pregúntase pola tardanza na apertura da biblioteca
RIANXO> O PSOE pregúntase as razóns reais polas que o executivo de Julián Bustelo mantén a día de hoxe pechada ó público a biblioteca municipal,...
Ribeira lembra a Manuel Ayaso no segundo aniversario da súa morte
Hoxe 15 de maio conmemórase o segundo aniversario do pasamento do xenial artista ribeirense. O concello rendeulle homenaxe depositando unha ofrenda floral ante a escultura do seu fillo predilecto.
Os ribeirenses poderán iniciarse na observación astronómica co programa ‘O Camiño das Estrelas’
Ribeira busca abrise oco no turismo astronómico. O concello programou para este verán tres xornadas de observación baixo o título ‘O Camiño das Estrelas’. A primeira terá carácter formativo cun taller de iniciación en Oleiros mentres que en xullo e agosto realizaranse observacións teatralizadas en Aguiño e Olveira.
A Asociación de Empresarios de Ribeira entre os 1000 euros á gañadora da campaña...
A Asociación de Empresarios de Ribeira fixo entrega esta mañá dos premios da campaña comercial desenvolvida polo Día da Nai. A máis afortunada foi Yolanda Paz, gañadora do cheque de mil euros.
Ribeira homenaxea ós deportistas do Club Kempo
O concello de Ribeira tributoulle este mediodía unha recepción oficial ós membros do Club Kempo Barbanza. Con esta acto o executivo ribeirense quixo recoñecerlle os éxitos obtidos polos deportistas do Club tanto nos Campionatos de España como do Mundo celebrados recentemente.
O PP da Pobra denuncia o mal estado do paseo da Pedra da Moura
O PP da Pobra denuncia o mal estado no que se atopa a pasarela de madeira do paseo da Pedra da Moura. Os populares culpan desta situación ó executivo local, que despois de máis de doce anos, non foi quen de realizar un correcto mantemento da mesma, poñendo en serio risco a seguridade das persoas que poidan transitar pola infraestrutura.
Boiro abre o programa da Semana das Letras cunha homenaxe ás cantareiras
O Pazo de Goiáns acollía esta mañá un encontro tecido asociativo do Barbanza en homenaxe ás cantareiras. Trátase dun acto promovido pola Asemblea da Cruz Vermella de Boiro en colaboración co concello no marco das actividades do Día das Letras Galegas.
Barbanza Arousa presenta o seu plan de promoción turística ás empresas do sector
A Mancomunidade Barbanza Arousa presentou o seu Plan de Promoción ás empresas do sector turístico. Na xornada abordáronse aspectos de relevancia para consolidar o destino como a necesaria colaboración entre administracións e empresas e aposta pola calidade dos servizos de cara á excelencia.

















