RIBEIRA> Rafa Moraña será o pregoeiro do Día do Orgullo en Ribeira que se celebra este sábado. Ademais do acto institucional previsto para mediodía haberá unha festa nocturna na Porta do Sol coa actuación de DJ Nell.
Como cada ano, o concello de Ribeira reivindicará a diversidade cunha serie de actos conmemorativas do Día do Orgullo.
As celebracións desenvolveranse o propio sábado 28 a partir das 12 da mañá cun acto institucional no Centro Cultural Lustres Rivas. O pregoeiro este ano será o ribeirense Rafa Moraña que representa a diversidade en moitos ámbitos.
Ó remate do acto institucional terá lugar un pasarrúas que dará paso á festa nocturna que se desenvolverá na Porta do Sol. Contará con photocall, xogos de luces e a actuación de DJ Nell.
Estas actividades terán como complemento a decoración de rúa que durante toda a xornada tinguirá a vila das cores do arco da vella.











