A asociación cultural As Peñas volverá organizar dúas das citas principais das Festa de Boiro

BOIRO> Como tódolos anos a Asociación Cultural Peñas Boiro será a encargada de organizar dúas das citas máis multitudinarias das festas do verán. O Remember Fest inaugurará as celebracións con música mentres que o luns as peñas tomarán o parque da Cachada.

Os responsables da Asociación Cultural Peñas Boiro presentaron esta mañá o cartel do Remember Fest que, xunto co pregón, será o protagonista da primeira xornada das Festas de Verán- Correrá a cargo de Euphoria Disco Show con Paco Vulkano, Xacobo DJ e o dúo Soniko DB.

Tras este aperitivo as peñas volverán ser as protagonistas da xornada do luns coa xuntanza que terá lugar a partir das once e medida da mañá no Parque da Cachada. Ademais dos tradicionais xogos, haberá animación musical e a festa da auga, con mangueirazo este ano a cargo dos autores dun innovador estudo sobre eficiencia enerxética.

A xornada continurá cun xantar peñeiro e as actuacións musicais de Soundivan: Marcos Magán, DJ Enter e Places. Dende o concello de Boiro quixeron agradecer a implicación da asociación que cada ano colabora activamente facendo aínda máis extenso o programa das festas.