RIBEIRA> Trece marcas expoñen dende hoxe en Ribeira as últimas novidades do mundo do motor. A Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico abriu as portas este mediodía na Praza de España con importantes novidades respecto a anteriores edicións.
Nesta sexta edición, a Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico consolidouse xa como un dos principais escaparates do mundo do motor non só a nivel comarcal senón en toda Galicia. Destaca este ano o aumento das firmas que se sumaron ó salón, un total de 13, con Tesla como principal novidade.
Os visitantes que se acheguen ata a feira durante toda a fin de semana poderán coñecer e mesmo probar os últimos modelos de vehículos eléctricos.
A feira permanecerá aberta ata o domingo, en horario ininterrompido de 11 da mañá a oito da tarde.











