O activista cubano Joelkis Torres abrirá a conmmemoración do Día do Orgullo en Ribeira

RIBEIRA> O concello de Ribeira conmemorará o Día do Orgullo con varios actos ó longo desta semana. O primeiro será unha charla a cargo do activista cubano Joelkis Torres, organizada por Amnistía Internacional en colaboración con Mulleres en Acción e a asociación Malas Herbas.

A praza da Porta do Sol será escenario mañá do primeiro dos actos que acollerá o concello de Ribeira para conmemorar o Día do Orgullo LGTBI. Consistirá nunha charla a cargo do activista cubano Yoelkis Torres, defensor dos dereitos humanos das persoas, organizada por Amnistía Internacional e Mulleres en Acción.

O formato da charla será a modo entrevista, conducido pola comunicadora Laura Ríos, do colectivo Malas Herbas. A xornada constará tamén doutras actividades lúdicas como o recital poético a cargo de Marta Ojea.