O BNG de Ribeira demanda un reforzo do servizo de limpeza e recollida do...
O BNG de Ribeira denuncia deficiencias na limpeza viaria e no servizo de recollida de lixo. Fanse eco así das queixas veciñais en relación ós malos cheiros que desprenden os contedores así como a acumulación de residuos trala realización de eventos municipais que requirirían un dispositivo de limpeza e desinfección en profundidade.
Seguen as concentracións en Barbanza pola precariedade da atención primaria
Continúan as concentracións pola sanidade pública no Barbanza. En Aguiño seguen a reclamar a cobertura das baixas mentres que na Pobra suman a esta reivindicación a necesidade de contar cun PAC en quenda de tarde.
Inaugurada en Ribeira a V Feira Gastromar
Ribeira enxalza o produto do mar coa quinta edición de Gastromar. A cita gastronómica, organizada pola Asociación de Empresarios da localidade, prolongarase ata o domingo, con exhibicións gastronómicas a cargo de reputados cociñeiros, obradoiros divulgativos e degustacións de produtos do mar locais como é o caso do lirio, o polbo ou a navalla, entre outros.
Ribeira endurece o control sobre o consumo responsable da auga da rede municipal
O concello de Ribeira endurece as restricións para moderar o consumo de auga. Ademais da recomendacións xa publicadas a principios de mes sobre a limitación de regos e baldeos, o executivo anuncia roldas da Policía Local para controlar que se está a facer un uso responsable da auga potable da rede municipal.
A Pobra presenta un cartel de luxo para o Nazareno
Aínda coa resaca do Carme dos Pincheiros, o concello da Pobra presentou xa o cartel das Festas do Nazareno que se celebrarán entre o 18 e o 21 de setembro. A cita central será o domingo coa tradicional procesión das mortallas que atraerá a miles de devotos ata o municipio.
Palmeira repartirá unha tonelada na súa Festa do Polbo
Esta mañá presentábase a 12ª edición da Festa do Polbo de Palmeira. A cita gastronómica terá lugar a última fin de semana de agosto, os días 29 e 30, nunha carpa que se instalará no peirao da localidade. Durante os dous días da festa prevese repartir unha tonelada de polbo.
Uns trinta barcos tomarán parte esta fin de semana na XXXVIII Regata Mar de...
Esta mañá presentábase a 38 edición da Regata Mar de Fisterra-Trofeo Pitusa Sabín. A proba, organizada polo Real Club Náutico de Portosín, terá lugar esta vindeira fin de semana, o sábado 22 e o domingo 23 de agosto. A cita será ademais valedoira para o Trofeo Presidente Xunta de Galicia e puntuable tamén para a Copa Galicia de Cruceiros.
AMICOS avanza na restauración dos fondos mariños na contorna de Sálvora
A directora xeral de Persoas con Discapacidade participou esta mañá no proxecto de restauración mariña que desenvolve AMICOS. Instalaron nas inmediacións da Illa de Sálvora un cento de soportes de laminarias que favorecen o mantemento da biodiversidade en augas do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
A ABE pon o fin á tempada de verán coa campaña ‘Fóra Stocks Boiro’
A ABE sorteará 300 euros en vales de compra no marco da campaña ‘Fóra Stocks Boiro’ que se desenvolverá dende mañá ata o sábado. Os comercios sacarán os seus productos á rúa para dar o remate final á tempada de verán.
O Natural Sport celebra o seu 30 aniversario con deporte e gastronomía
O Club Natural Sport de Ribeira continúa cos actos de celebración do seu 30 aniversario. O sábado 29 desenvolverase unha exhibición deportiva acompañada dunha degustación gastronómica na rúa do Sal.

















