O Festival Mares da Fin de Mundo recala en Rianxo do 14 ó 18 de outubro

RIANXO> A novena edición do Festival Mares da Fin do Mundo recalará en Rianxo entre o 14 e o 18 de outubro. No auditorio municipal proxectaranse medio cento de documentais sobre as comunidades pesqueiras e desenvolveranse actividades paralelas durante toda a semana.

Corenta películas, de 19 países de todo o mundo, exhibiranse ó longo da próxima semana no auditorio de Rianxo, no marco da novena edición do Festival Mares da Fin do Mundo. A mostra que ten por obxectivo sensibilizar sobre o coidado dos océanos e o seu ecosistema non só ambiental senón tamén social, porá o foco este ano sobre a necesidade de preservar as flotas de baixura como parte da nosa identidade.

Ademais das exhibicións dos documentais, durante toda a semana desenvolveranse actividades paralelas como a mesa da pesca sostible ou o obradoiro de cinema con móbiles, entre outras.

Ademais do apoio do concello de Rianxo, a mostra conta co patrocinio da Deputación da Coruña a través da liña de subvencións a festivais.

A clausura do festival terá lugar o domingo coa entrega dos tres premios ás citas galardoadas na sección oficial. Ademais da mellor curta  haberá un premio especial do público e un premio ó mellor documental en galego.