Congalsa presenta en Conxemar 2026 as súas novidades para a hostalería e a restauración

BARBANZA> Congalsa está un ano máis moi presente en Conxemar 2026, a Feria Internacional de Produtos do Mar Conxelados que se celebra no recinto feiral de Ifevi, en Vigo, e que este ano chega a súa 27 edición.

A feira arrancou este martes, coa presenza de entre outras autoridades, do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Mar, Marta Villaverde.

A firma asentada no polígono da Tomada, na Pobra, acudiu a esta cita, cun stand propio, duns cen metros cadrados de superficie, no que ofrecerlle ós seus clientes e provedores, procedentes de máis dunha vintena de países, entre eles Italia, Reino Unido ou Chile, as súas principais novidades na súa gama de produtos culinarios para este ano, pertencentes ás súas marcas Ibercook, Yatecomeré, Sulpasteis e Lenger Seafoods Vietnam.

Na feira, que se prolongou ata a xornada do xoves, Congalsa busca fortalecer tamén a súa axenda comercial e aumentar de paso os vínculos institucionais coas diferentes administracións e organizacións sectoriais.

De aí a presenza nela do presidente e o conselleiro delegado da compañía, Luis Miguel Simarro e Julio Simarro respectivamente, así como a directora xeral da firma, Noela Prieto, entre outros directivos.