Reabre a piscina municipal de Noia despois de melloras por valor duns 70 mil euros

NOIA> Os traballos levados a cabo na piscina estes últimos meses permitiron a mellora do sistema de tratamento da auga, o arranxo das filtracións no vaso e a renovación de diferentes elementos, ademais de substituír o intercambiador de calor, cuxo deterioro, derivado dunha falla de mantemento xeral de anos, obrigou a atrasar a reapertura inicialmente prevista.

A actuación supuxo un investimento de preto dos 70 mil euros, a maior parte deles con cargo a unha axuda do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.

Ó mesmo tempo o Concello introduciu cambios na propia xestión da instalación, que presentaba un déficit duns 130 mil euros ó ano.