Arranca en Boiro a II Feira de Emprego do Barbanza

Boiro acolle entre hoxe e mañá a segunda Feira do Emprego do Barbanza. Ademais de permitir o  intercambio de experiencias para afrontar os retos de futuro que supón a Intelixencia Artificial pretende ser un punto de encontro entre empresas e demandantes de emprego.

A ‘maleta viaxeira’ contra a violencia de xénero chega á Pobra

‘Mavi’, a maleta viaxeira contra a violencia de xénero que promove a Subdelegación do Goberno na Coruña chega á biblioteca da Pobra. A iniciativa, coa que se busca promover a igualdade de xénero e a prevención da violencia machista, foi presentada na localidade pola propia subdelegada do Goberno, María Rivas.

O Festival Olloboi chega á súa 15ª edición con presenza internacional

Boiro acollerá a decimo quinta edición do Festival Audiovisual Olloboi durante a primeira semana de xuño. Trátase dunha proposta cultural para fomentar a creatividade entre os mozos na que participan centros educativos de toda Galicia.

O pleno de Boiro debaterá este xoves a proposta de orzamento que supera os...

O goberno de Boiro levará este xoves a pleno a súa proposta de orzamentos cun importe total de 21 millóns de euros. No capítulo de investimentos destaca a reforma da Casa da Cultura mentres que no de gastos a principal suba refírese ó persoal trala aprobación do RPT.

Ribeira incrementará a vixilancia policial en Bandaurrío

O executivo ribeirense traballa xa en diferentes accións coa finalidade de mellorar a conflitividade que arestora existe no barrio de Bandaurrío, debido á falla de seguridade na zona. o goberno local responde así, despois de escoitar as demandas do veciños residentes na zona.

A Feira de Emprego do Barbanza abordará os retos da intelixencia artificial e a...

O Centro de Formación de Espiñera acolle os días 14 e 15 de maio a segunda feira de Emprego do Barbanza. A xornada do mércores estará dirixida a empresas mentres que o xoves desenvolveranse obradoiros formativos para demandantes de emprego que terán ademais ocasión de iniciar contactos con firmas empresariais e coñecer as súas ofertas laborais.

A Pobra volverá ser porto de saída para visitar as Illas Atlánticas

O concello da Pobra e Piratas de Nabia volven ofertar visitas ás Illas Atlánticas ó longo deste verán. Programáronse seis saídas en catamarán a Cíes, Ons e Sálvora. Nesta última poderá realizarse tamén unha ruta nocturna para observación astronómica.

Ribeira acolle a ‘Demoday’ do proxecto Interritmos da Fundación Paideia

O auditorio municipal de Ribeira acollía esta mañá un novo ‘demoday’ de emprendemento musical organizado pola Fundación Paideia, a Asociación Deloa e a Escola de Organización Industrial. A xornada comezou coa emisión en directo do programa de radio ‘Hoy empieza todo’ en Radio 3, de sete a nove da mañá, coas actuacións de Ferla Megía, Catuxa Salom, Tanxugueiras e Triángulo de Amor Bizarro, entre outros.

A andaina contra o cancro de Ribeira reunirá máis de 700 persoas o 24...

Ribeira volverá marcha contra o cancro o día 24 de maio. A andaina organizada pola Xunta local da Asociación Española contra o Cancro agarda reunir a máis de 700 persoas. Os fondos recadados destinaranse integramente a investigación oncolóxica.

Cultura e tradición volverán encher o Pazo de Goiáns na Romaría das Letras Galegas

O Pazo de Goiáns volverá acoller este 17 de maio a Romaría das Letras. Da man da asociación cultural Barbantia e o concello de Boiro, desenvolverase un amplo programa cultural durante toda a xornada que xirá ó redor da tradición oral das cantareiras.

REDES SOCIAIS

40,742FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete