BOIRO> Boiro quenta motores para celebrar as súas festas de verán, as máis madrugadoras da comarca. Desenvolveranse entre o 4 e o 9 de xullo e contará coas mellores orquestras de Galicia así como tributos a bandas míticas e gran presenza de folclore e música tradicional.
Tradición e modernidade conxugarán o programa das festas de Boiro que un ano máis presentan un programa para tódolos públicos. As celebracións desenvolveranse entre o 4 e o 9 de xullo, 6 xornadas nas que a vila encherase de propostas tradicionais, tributos e orquestras punteiras en tres escenarios distintos.
O pistoletazo de saída será o venres 4 co pregón dedicado á mocidade, a cargo de Luís Zahera.
O sábado será a xornada máis tradicional coa recreación da malla do centeo e o domingo terá lugar o gran espectáculo piromusical que contará este ano coa actuación de Fran Sieira. No apartado musical destacan as orquestras máis punteiras de Galicia como París de Noia e Panorama así como tributos a bandas e aristas míticas como U2 ou Joaquín Sabina.
Dende o concello destacaron a colaboración neste programa da Asociación Cultural As Peñas que como en anos anteriores organizan a Remember Fest e o día das Peñas na Cachada.











