Varios días despois de producirse o suceso, non hai novidade en relación á autoría das pintadas no Pazo da Mercé.
O alcalde, José Carlos Vidal, lamentou os feitos, pois, segundo el, supoñen un atentado contra un ben patrimonial, que aínda que non é municipal, ten un gran valor histórico.
Dende o Concello apélase á colaboración cidadá para poder identificar ó posible autor ou autores.
Dende o Concello lamentan os feitos, xa que supoñen un atentado contra o patrimonio local.
Segundo o rexedor, o responsable, podería enfrontarse a unha grave sanción.











