BOIRO> Boiro volverá camiñar unido contra o cancro. Este domingo terá lugar unha nova edición da andaina solidaria que organiza a xunta local da AECC no municipio. Constará dun percorrido duns cinco quilómetros polo paseo do río Breiro, a praia de Barraña e o estuario do río Coroño.
Os boirenses volverán facer gal da súa solidariedade este domingo nunha nova edición da andaina ‘Boiro, en marca contra o cancro’. Os participantes sairán ás once da mañá dende a praza de Galicia para realizar un percorrido de 5 quilómetros polo litoral do municipio.
Os interesados en participar aínda están a tempo de incribirse tanto na mesa informativa que a asociación instalará mañá así como na farmacia Ana Torrente, Galería Sargadelos, Modas Naty ou o propio día da andaina antes da saída.
Polo momento, xa hai máis de 400 anotados aínda que dende a asociación confían nas inscricións de última hora para superar o número de participantes da pasada edición con máis de 750.











