Uns 150 nadadores tomarán parte este domingo na VII Travesía a Nado Illa de Rúa

RIBEIRA> Esta mañá presentábase nas instalacións do Náutico ribeirense unha nova edición, e xa van sete, da Travesía a Nado Illa de Rúa.

A actividade, que terá lugar este vindeiro domingo, está organizada pola xunta local da AECC e nela prevese unha participación duns 150 nadadores, a totalidade das prazas previstas.

Dende a organización destacaron o apoio de numerosas empresas e casas comercias que coas súas aportacións fan posible que a proba, cun marcado carácter solidario, poida celebrarse.

Como en edicións anteriores, a iniciativa contará tamén co apoio do Club Náutico Ribeira e do Concello.

Este ano a organización aproveitará o acto do domingo para renderlle unha homenaxe especial á nadadora local Gloria Lijó