A confraría noiesa prepara os seus bancos marisqueiros para a vindeira campaña

NOIA> Sementar para despois recoller. Ese é o lema que promove a confraría de Noia dende hai anos co fin de mellorar a produtividade dos seus bancos marisqueiros.

Para iso bota man do seu criadeiro do Freixo, de onde parten a totalidade das unidades de molusco que sementan nas súas concesións.

Nas últimas semanas foron varias as sementeiras realizadas, na súa maioría de ameixa.

Dende o pósito séguese tamén coas limpezas e arados, para que a cría asente mellor.

E xa ca mente posta na vindeira campaña, o patrón maior confía en mellorar os resultados das dúas últimas, debido fundamentalmente á mortaldade do marisco.

Todo apunta a que si, xa que nos bancos vese moito fitoplancton, o que, en condicións normais, propiciará un crecemento máis rápido do marisco.