A reforma da casa de cultura de Boiro ascenderá a preto dos catro millóns...
A corporación municipal boirense aprobou na última sesión plenaria o proxecto para rehabilitar a Casa da Cultura Ramón Martínez López. Cun investimento de preto dos catro millóns de euros, a actuación suporá a reforma integral deste espazo, para convertelo nun auditorio polivalente, con proxección de futuro.
A confraría de Aguiño sementa millón e medio de unidades de ameixa babosa nos...
A Confraría de Aguiño sementou un millón e medio de unidades de ameixa babosa nas súas autorizacións, aportados pola Xunta de Galicia. Na sementeira participaron o propio Conselleiro do Mar xunto coa directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e a delegada territorial da Xunta na Coruña.
Máis de 30 establecementos participarán este sábado na Pink Fashion de Noia
Unha trintena de establecementos participarán este sábado na decimo terceira edición da Pink Fashion de Noia. Ademais de descontos do 20 por cento, os clientes optarán a un premio dun vale de compra de 500 euros que se sorteará ó final da xornada.
A comisión de festas de Exipto volve poñer en valor a música tradicional cunha...
A Comisión de Festas de Exipto celebra este sábado 10 de maio unha foliada tradicional na contorna do Centro Social de Abanqueiro. A actividade, coa que colabora o Concello, arrancará ás sete e media da tarde.
Escolares de Ribeira participan no programa ‘Capitán Mareas’ de Vegalsa-Eroski
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou esta mañá en Ribeira nun dos talleres do programa ‘Capìtán Mareas’, impulsado polo grupo Vegalsa-Eroski, que percorre estas semanas distintas localidades galegas e asturianas. A actividade, na que tomaron parte escolares do municipio ten coma principal finalidade o fomento do consumo dos produtos pesqueiros e marisqueiros entre a poboación infantil.
Noia acollerá en xullo a terceira edición do Congreso Internacional de Odontoloxía
Noia acollerá en xullo unha nova edición do Congreso Internacional de Odontoloxía. A cita, terá lugar os días 4 e 5 no Liceo e nela prevese a participación de máis de 250 profesionais chegados dende diferentes nacionalidades.
Inclusión social e conservación do medio mariño van da man no proxecto ArousaLab
AMICOS avanza no seu proxecto de sensibilización medioambiental ArousaLab. esta mañá tiña lugar a segunda reunión deste grupo de Traballo coordinado pola Consellería do mar que ten por obxecto a conservación do medio mariño.
Lousame despide ás participantes no Programa de Voluntariado Europeo
As traballadoras do Programa de Voluntariado Europeo finalizaron a súa estadía en Lousame. o concello brindoulles unha emotiva despedida en agradecemento ó seu labor de dinamización no eido deportivo e sociocultural.
Boiro figura entre os 10 concellos con maior crecemento do emprego
O concello de Boiro confirma a súa tendencia ascendente na creación do emprego figurando como un dos dez municipios de toda España con maior crecemento. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, a taxa de emprego entre a poboación activa incrementouse en máis de 5 puntos.
A Carreira da Guía celebrará a súa 20ª edición o Día das Letras Galegas
A carreira da Guía celebra este ano a súa vixésima edición. Será o 17 de maio na parroquia ribeirense de Carreira. Poderán competir dende pitufos ata veteranos cun máximo de 200 participantes.

















