O PSOE de Lousame reclama un maior control na execución das obras

LOUSAME> O pasado verán o executivo local realizaba o acondicionamento da estrada municipal entre Aldarís ó cruce de Burzó.

Unha actuación que tiña como principal finalidade a mellora do firme e a seguridade do vial. Lonxe diso, un ano despois, a obra presenta innumerables deficiencias, ou iso é o que denuncia o PSOE local.

O PSOE considera que o estado actual da estrada constitúe un serio perigo para os usuarios que transitan por ela

Para o PSOE o equipo de goberno é o culpable desta situación, por non ter realizado no seu día un seguimento e un control correcto da obra.

Algo non puntual e que, segundo denuncian acontece tamén noutras obras.