RIBEIRA> O departamento de Turismo de Ribeira programa ó longo deste verán un ciclo de cine mudo. O visionado de grandes clásicos cinematográficos terá un atractivo engadido posto que se desenvolverá en areais da contorna.
Seis películas en seis praias. Está é a nova proposta do departamento de Turismo de Ribeira que promove un ciclo de cine mundo ó aire libre. Arrancará na praia do Almacén, na Illa de Sálvora, para o que o concello disporá dúas embarcacións que sairán a media tarde dende o porto de Aguiño.
Esta será a única sesión que require inscrición previa, a través da oficina de Turismo, posto que conta con prazas limitadas. O resto serán de acceso libre e terán lugar distintos sábados ata o mes de setembro nas praias dos Mosqueiros, A Ladeira, Area Basta, Supinal e Area Secada. A beleza do entorno irá acorde ós títulos elixidos con grandes referentes como Nosferatu ou Metropolis entre outros.











