RIBEIRA> Baixo a organización do Club Náutico e Deportivo de Ribeira,e co patrocinio da conserveira Frinsa, que lle dá nome á regata, este vindeiro sábado 21 de xuño terá lugar a Regata Frinsa, que chega este ano a sús 24 edición.
A proba foi presentada esta mañá nas instalacións do Náutico ribeirense, coa presenza do empresario Ramiro Carregal, verdadeiro impulsor da proba encargado de explicar cal foi a súa orixe.
Na regata para as clases, cruceiro, cruceiro-regata e regata, prevese unha participación 40 embarcacións de clubs de toda a zona.
Haberá dous percorridos, con saídas diferentes dependendo das categorías en competición.
Xa de cara o ano que vén, coa celebración da que será a 25 edición da Regata, o Club agaarda poder realizar unha proba especial.











