Ribeira trasládalle a Portos unha proposta para o emprazamento das atraccións das festas

RIBEIRA> O tira e afrouxa entre Portos e Concello polo emprazamento das atraccións das festas do verán continúa.

Non é un problema novo, e tódolos anos, coa chegada destas datas, atopámonos coa mesma disputa.

Á espera dun acordo a través da sinatura dun convenio de colaboración que satisfaga os intereses de ambas partes, o Concello vén de entregarlle unha proposta alternativa a Portos para que autorice poder realizar os festexos no lugar de sempre, garantindo en todo momento os usos portuarios para os traballadores do sector do mar.

Dende o Concello mostraron tamén a súa preocupación polo risco de non poder celebrar as festas nas condicións habituais, o que suporía un prexuízo enorme para Ribeira.

A pelota está agora no tellado de Portos, e o Concello agarda xa pola resposta, reafirmándose na súa vontade de colaboración institucional para que Ribeira poida celebrar as súas festas coma sempre.