RIBEIRA> Persoal das empresas concesionarias do servizo de limpeza nos hospitais de Barbanza, Salnés e Cee concentráronse esta mañá ás portas dos seus respectivos centros hospitalarios. trátase da primeira das protestas dun calendario xa marcado, co que reclaman melloras laborais e a equiparación salarial cos traballadores do Sergas que realizan a súa mesma función, unha circunstancia que consideran totalmente discriminatoria.
Pero non só iso, tamén lle reclaman ás direccións das súas empresas mellores condicións laborais para poder desempeñar axeitadamente o seu traballo, para o que piden tamén a mediación do Sergas.
A convocatoria partiu da CIG. Dende o sindicato reclámanlle ó Sergas a que se sente dunha vez a negociar para poñer fin a esta situación.











