Rianxo segue coas licitacións para ampliar a rede municipal de abastecemento

RIANXO> O executivo rianxeiro segue co seu plan de mellora de servizos coa licitación de varias actuacións que teñen coma principal finalidade a ampliación da rede de abastecemento de auga municipal.

Neste caso os proxectos a desenvolver levaranse a cabo na parroquia de Taragoña, afectando ós núcleos de Fachán, A Coviña e Chorente.

As tres actuacións, que contan cun orzamento de preto dos 90 mil euros, completaranse tamén con outros proxectos pendentes de licitación para a mellora da rede municipal de abastecemento de auga cara a outros puntos do Concello.