O goberno central avanza na mellora da conectividade dos núcleos rurais de Boiro

A subdelegada do goberno na Coruña desprazouse ata Boiro para analizar as necesidades de conectividade no municipio. Na xuntanza co alcalde e representantes de Rede Aberta avanzaron na dotación de fibra óptica a aqueles núcleos que permanecen aínda sen cobertura.

Jealsa e Cruz Vermella renovan a súa colaboración cunha nova edición do Ludieduca

Jealsa e Cruz Vermella renovaron o seu convenio de colaboración para seguir a desenvolver o programa Ludieduca cos centros educativos. Xa hai máis dunha década que se implantou este proxecto en colexios de Boiro e A Pobra para promover a educación en valores.

A Pobra presenta a programación do ‘Maio das Letras Galegas’

A Pobra presentaba esta mañá as actividades organizadas pola concellería de Cultura para este mes de maio co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. Será unha programación do máis variado dirixida a tódolos públicos e que se prolongará ó longo de todo o mes.

A Pobra será sede do Campionato Territorial Norte de Traineriñas

A Pobra volverá a ser escenario esta fin de semana dunha nova competición remeira, neste caso o Campionato Territorial Norte de Traineriñas. Será os sábado e o domingo e nela daranse cita ó redor duns dez clubs da zona norte de Galicia, nas categorías cadete, xuvenil e absoluta, tanto en modalidade feminina coma masculina.

Ducias de embarcacións de rafting descenden o Ulla en protesta contra Altri

Ducias de embarcacións participaron este domingo nun descenso reivindicativo polo río Ulla en contra da macrocelulosa de Altri e a Mina de Touro. Con este novo acto de protesta, a sociedade galega volve poñer de manifesto a súa oposición a ámbolos dous proxectos.

A Deputación aproba unha achega de 100 mil euros ao Club de Remo Puebla

A Deputación da Coruña aprobou por unanimidade hoxe en pleno unha subvención nominativa de cen mil euros para o Club de Remo Puebla. A corporación provincial ratifica así o seu compromiso coa entidade que a principios de ano perdía a súa sede e gran parte do material que almacenaba nun incendio.

A Pobra reunirá ós amantes das dúas rodas nunha nova concentración moteira

Na Pobra presentábase esta mañá a ‘Concentración Moteira Sinfrenos’ que chega este ano a súa undécima edición. A actividade, celebrarase a fin de semana do 17 e 18 de maio, cunha previsión de participación próxima ás cincocentas motos.

O IES de Porto do Son busca ampliar a súa oferta formativa cun Grao...

A delegada territorial da Xunta na Coruña visitou hoxe o IES de Porto do Son onde se imparte o Ciclo Medio de Guía no Medio Natural e de Tempo Libre. Dada a alta demanda desta especialidade, o centro solicitou a implantación do Grao Superior para o vindeiro curso.

A Asociación de Empresarios de Ribeira busca novos socios da man do influencer Víctor...

A Asociación de Empresarios de Ribeira inicia unha campaña de captación de socios da man do influencer Víctor Oujo. Trátase do principio dunha colaboración que busca dinamizar o tecido comercial e hostaleiro da vila a través das redes sociais de @vimanstyle.

Un condutor irrompe nunha zona de terrazas a gran velocidade colidindo contra o mobiliario...

Tráxico festivo nas comarcas do Barbanza e Muros-Noia. Un veciño Muros perdeu a vida nun accidente acontecido no termo municipal de Outes de madrugada. En Ribeira, aínda que non houbo que lamentar vítimas o susto foi tremendo despois de que un vehículo invadira unha zona peonil a gran velocidade colidindo contra o mobiliario urbano.

REDES SOCIAIS

40,742FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete