Ribeira quenta motores para unha nova edición da Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico

RIBEIRA> Esta mañá presentábase na sede da Asociación de Empresarios a sexta edición da Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico que terá lugar na praza de España do 20 ó 22 deste mes de xuño.

Na cita participarán este ano un total de 13 marcas, sendo xa un referente non só na comarca senón tamén fóra dela.

Unha das principais novidades deste ano pasa pola incorporación da marca Tesla, así como tamén a posibilidade de poder probar os vehículos, sempre baixo demanda.

Dende o Concello, que colabora coa iniciativa, destacaron a importancia deste tipo de propostas.

Ademais do Concello, a patronal ribeirense conta coa colaboración e apoio doutras Administracións, como é o caso da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, a través da consellería de Industria.

Como en edicións anteriores a entrada ó recinto de exposición dos vehículos será gratuíta.