Noia estuda a viabilidade do centro de día na Chaínza por ser zona potencialmente inundable

NOIA> A residencia da terceira idade de Ribeira non é o único proxecto afectado polo cambio de normativa que impide construír instalacións públicas en zonas potencialmente inundables. No caso do centro de día da Chaínza en Noia, o concello está a realizar as consultas oportunas para determinar a viabilidade do proxecto.

O alcalde Noia mantivo xa unha xuntanza coa Conselleira de Política Social para analizar a viabilidade do Centro de Día da Chaínza a raíz da modificación da normativa de construción en zonas potencialmente inundables trala DINA de Valencia. A zona non está exposta ó cauce dun río, posto que só atravesa un pequeno regato sen risco de desbordamento. Maior problema plantexaría o crecemento das mareas que produce o asolagamento da superficie co crecemento dunha lámina de auga duns dez centímetros.

O proxecto do futuro inmoble contempla un recrecido duns 50 centímetros con respecto á rasante co que quedaría garantida a seguridade nos casos de mareas vivas e pleamar, tal e como acontece no albergue xa construído na parcela. Aínda así, o concello de Noia seguirá a recabar os informes oportunos  para garantir a viabilidade do proxecto ou buscar un emprazamento alternativo para este servizo que consideran prioritarios e imprescindible.