Comezan as obras de pavimentación e mellora da accesibilidade en Vistafermosa

NOIA> O concello de Noia inviste 230 mil euros na mellora da rúa de Vistafermosa ó cruceiro de Barro. Ademais da nova pavimentación e mellora da accesibilidade procederase á renovación das canalizacións de auga e saneamento.

Noia avanza na posta a punto das principais vías do casco urbano. Unha das actuacións máis importantes é a que se está a desenvolver en Vistafermosa, na rúa que conecta co cruceiro de Barro.

Esta actuación, longamente demandada polos veciños, vense sumar ás xa acometidas na zona de Labarta ou na rúa da igrexa en Santa Cristina. Terán continuidade con outras obras de pavimentación e mellora da sinalización previstas nas rúas Pontevedra e Brasil, en San Lázaro, que darán comezo proximamente.