Os empresarios de Ribeira lamentan a demora na tramitación do futuro polígono
A falla de avance na tramitación do futuro polígono de Ribeira vén de abrir un cisma entre a asociación de empresarios e o goberno local. Dende a patronal critican a demora no proxecto por por non ter avanzado na compra das dúas parcelas que faltan para executar o futuro vial de acceso ó parque empresarial.
Ribeira presenta as actividades do Maio Cultural 2025
O concello de Ribeira presentou o programa do Maio Cultural 2025, que organiza a concellería de Cultura en colaboración coas áreas de Educación e Normalización Lingüística. o programa destaca pola súa variedade de actos, cunha aposta polas actividades vinculadas á promoción da lingua galega e á difusión e posta en valor da nosa cultura.
Ribeira acollerá o domingo 11 de maio a XI Carreira pola Diversidade de AMBAR
Ribeira acollerá o domingo 11 de maio a undécima edición da carreira pola diversidade que organiza a asociación AMBAR. Como complemento á carreira, tamén haberá a posibilidade de realizar unha andaina.
ABE e BarbanTEA pomoven a inclusión das persoas con TEA
A Asociación Boirense de Empresas e a Asociación Barbantea de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza veñen de asinar un convenio de colaboración que ten coma principal obxectivo fomentar a inclusión social e laboral das persoas con TEA, así como sensibilizar ó tecido empresarial da comarca.
O novo módulo da residencia de AMICOS entrará en servizo a principios de 2026
A directora Xeral de Persoas con Discapacidade desprazouse ata o Centro Residencial de AMICOS, en Comoxo. Alí, tivo ocasión de supervisar o avance das obras do novo módulo da residencia nas que a Xunta inviste 1’2 millóns de euros.
O pleno de Boiro debate a aprobación inicial da RPT
O executivo de Boiro debate en pleno a aprobación inicial da RPT. O documento contempla a actualización e modificación das funcións dos máis de 200 traballadores do concello así como o incremento salarial que suporá un investimento de máis dun millón de euros.
Os taxistas de Ribeira alíanse coa asociación de empresarios para dinamizar economicamente a...
Na súa liña de estreitar lazos con outras entidades, a asociación de empresarios de Ribeira vén de presentar unha nova colaboración co colectivo de taxistas. Uns 20 profesionais deste ramo pasarán a formar parte da patronal beneficiándose das campañas e vantaxes dos socios.
Noia reunirá a destacados investigadores nunha nova edición da Semana da Historia
A concellería de Cultura de Noia desenvolverá un ano máis a súa semana da Historia, este ano co título de ‘As Portas do Mar’. Será do 3 ó 10 de maio no Teatro Coliseo Noela. O programa deseñado para esta edición, a número doce, incluirá diversas ponencias a cargo de reputados historiadores e investigadores.
O apagamento deixou múltiples incidencias
De igual xeito, nas comarcas do Barbanza e Muros-Noia foise recuperando a normalidade na subministración eléctrica de xeito progresivo. Nalgúns concellos como Porto do Son, Outes e Noia, a electricidade volveu de madrugada, a partir das tres da mañá. Noutros municipios coma A Pobra, Ribeira e Muros tardou máis e non se recuperou a luz ata as nove da mañá.
Lousame e Rois contarán cun punto limpo móbil
A Xunta realizou unha achega duns 81 mil euros para a compra dun punto limpo móbil que será compartido polos concellos de Lousame e Rois. Os dous municipios iniciarán a licitación do equipamento para que o servizo poida comezar a prestarse o antes posible.

















