RIBEIRA> A Casa da Mocidade acolleu a xuntanza da Comisión de Ocio, Deporte e Cultura da Mesa da Infancia e Adolescencia. Forma parte dunha serie de mesas de traballo que buscan desenvolver iniciativas que favorezan a seguridade e o benestar da mocidade en tódolos ámbitos.
Dende a súa constitución hai medio ano, a Mesa pola Infancia e Adolescencia de Ribeira desenvolveu varias xuntanzas das distintas comisións que a integran para recoller as inquedanzas e suxestións dos distintos axentes que traballan coa mocidade. Desta volta, tocoulle a quenda á Comisión de Ocio, Deporte e Cultura.
O obxectivo destas xuntanzas é seguir a desenvolver o programa marcado pola mesa con cinco obxectivos principais que teñen a seguridade e benestar da mocidade como base.











