Irene Lourido gaña o certame de novela curta Cidade de Ribeira con ‘O lado nobre do corazón’

RIBEIRA> A xornalista Irene Lourido faise coa décima edición do certame de novela curta ‘Cidade de Ribeira’. A súa obra titulada, O lado nobre do corazón, foi elixida por unanimidade entre as 20 presentadas ó concurso nesta edición.

Este é o momento no que o alcalde, Luís Pérez Barral, lle fai entrega á xornalista pontevedresa Irene Lourido do diploma acreditativo como gañadora da décima edición do certame de novela curta Cidade de Ribeira. A súa obra O lado nobre do corazón,  foi a elixida de xeito unánime entre as 20 presentadas ó concurso. Segundo o xurado, a súa escolla debeuse principal mente á súa beleza narrativa.

A gañadora,  que se estrea como escritora, agradeceu a escolla da súa obra, que define coma un relato de relatos. O alcalde, Luís Pérez Barral, parabenizou á gañadora por este premio.

Ademais do cheque por importe de tres mil euros, o premio leva aparellado tamén a súa publicación na colección de narrativa da editorial Xerais.