A POBRA> O Torneo Internacional Congalsa de Fútbol Base, celebrado na Pobra durante a última fin de semana de maio, conseguiu recadar preto de dez mil euros. Serán entregados á Fundación Aladina que traballo con nenos pacientes de cancro e as súas familias.
9250 euros. Esta foi a contía recadada no Torneo Solidario Congalsa de Fútbol Base que se destinarán integramente á Fundación Aladina. O seu organizador, Julio Mariño, realizaba esta mañá a entrega simbólica do cheque que servirá para financiar parte da casa Aladina que a fundación ten proxectada en Madrid para apoiar ós nenos con cancro e as súas familias.
Entre os numerosos patrocinadores que fixeron posible esta elevada recadación destaca Congalsa, decidida a seguir apostando por este torneo que conxunga dous dos principais valores da empresa: a solidariedade e a promoción do deporte base.
O concello da Pobra ofreceu tamén a súa colaboración para seguir sendo sede desta competición que vai máis aló dun evento deportivo polo seu forte compromiso social.











