Amas de Casa de Ribeira inaugura a VI Mostra Cultural Aires de Dorna
Inaugurada en Ribeira a sexta edición da Mostra Cultural Aires de Dorna da asociación das Amas de Casa do municipio. A exposición recolle traballos de labores artesanais elaborados por máis de 200 alumnos que participan nos talleres que desenvolve a entidade ó longo do ano.
A nave de Cerqueira converterase nun espazo multiusos
A conversión da nave de Cerqueira en espazo multiusos é a opción maioritaria suxerida pola cidadanía na enquisa promovida polo concello de Ribeira. Os resultados coinciden coa vontade do executivo así como cos intereses da asociación social e cultural de Bandourrío que sitúaña futura Cerqueira como eixo dinamizador do barrio.
O Cabo da Cruz réndese un ano máis ao mexillón
A localidade boirense do Cabo de Cruz rendeuse un verán máis ó mexillón, coa celebración da 18ª edición da Festa de Exaltación do Mexillón. Centos de persoas disfrutaron do prezado molusco preparado en catro especialidades diferentes. Dende a organización apuntan a que se dispensaron máis de oito mil racións deste produto.
O BNG de Ribeira demanda a mellora da pasarela e o acceso á praia...
O BNG de Ribeira esixe a reparación da pasarela de madeira da praia da Corna. Trala caída sufrida por unha usuaria, os nacionalistas alertan do mal estado en que se atopan numerosos elementos do paseo polo que piden que se realice unha inspección para determinar as melloras a acometer.
Traballadores de Gadis e Froiz secundan maioritariamente outra xornada de folga na provincia
Os traballadores de Gadis e Froiz da provincia da Coruña seguen en pé de guerra para conseguir que as súas demandas sexan atendidas pola empresa. Coa folga convocada durante os días 15, 16 e 17 seguen a presionar para mellorar as condicións laborais dos traballadores con subas salariais e medidas que favorezan a conciliación.
A Pobra despide o Carme dos Pincheiros tras un fin de semana cargado de...
A Pobra puxo hoxe o broche de ouro a unhas das súas festas grandes O Carme dos Pincheiros encheu de música e animación o municipio durante toda a fin de semana cos seus Xigantes e Cabezudos como emblema destas celebracións.
Gastromar volverá levar ás mesas dos ribeirenses os mellores peixes e mariscos galegos
Os sabores do mar chegarán a Ribeira na quinta edición de Gastromar que se desenvolverá do 20 ó 23 de agosto na Praza de España. A cita, organizada pola asociación de empresarios, conta coa colaboración das confrarías de Ribeira e Aguiño, e diferentes empresas e administracións como Xunta e concello.
El Tomasón celebra o seu 25 aniversario con dous días de salsa na rúa...
A Escola de Baile El Tomasón celebrará o seu 25 aniversario con varias actividades e mostras. O día 23 terá unha ligar unha gala no auditorio mentres que a última fin de semana de agosto desenvolveranse dúas xornadas de Salsa na Rúa.
Uns 180 nadadores tomarán parte na IX Travesía Illa da Bensa
Esta mañá presentábase en Boiro a novena Travesía a Nado Illa da Bensa. A proba, que terá lugar o sábado 22 deste mes de agosto na praia de Carragueiros, está organizada polo Club Natación Boiro. Agárdase unha participación próxima ós 180 nadadores sumando tódalas categorías.
O IV Torneo Solidario Interparroquial logra recadar preto de 10 mil euros para ASANOG
O Torneo Solidario Interparroquial de Fútbol, celebrado a finais de xuño, e que este ano acadou a súa cuarta edición, conseguiu recadar preto dos dez mil euros. Esta mañá a organización do Torneo, co que colaborou tamén o Concello, facía entrega do cheque á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia, entidade beneficiaria dos cartos.

















