A Deputación da Coruña saca unha segunda edición do programa MercaNaVila

BARBANZA> Por segundo ano e despois do éxito obtido na primeira edición da campaña, a Deputación da Coruña volve a poñer en marcha o programa MercaNaVila, co que busca apoiar ó comercio local dos pequenos concellos da provincia.

A campaña, promovida un ano máis, en colaboración coa Federación Galega de Comercio, mobilizará uns cinco millóns de euros de presuposto, e servirá de apoio ós concellos pequenos e de fomento da súa actividade económica e social.

A dinámica da campaña será igual que a do ano pasado, poñendo a disposición das persoas que o desexen un bono descargable de 100 euros en descontos para realizar compras nos establecementos adheridos daqueles concellos de menos de 20 mil habitantes.

O prazo para que os comercios se adhiran ó programa estará aberto ata o 20 de outubro e a descarga dos bonos poderá realizarse a partir desa data, prolongándose ata o 20 de novembro, ou ben ata que se esgote o orzamento dispoñible.