Ribeira promove a integración a través da inmersión lingüística

RIBEIRA> Ribeira volve apostar pola promoción da lingua galega a través dunha nova convocatoria de cursos de iniciación. Impartiranse durante o mes de outubro da na casa da Xuventude e están dirixidas a persoas que se achegan por primeira vez á lingua, sen ningún coñecemento previo.

Fomentar o uso do galego e promover a integración dos colectivos inmigrantes a través da inmersión lingüística. Este é o obxectivo do curso de iniciación promovido polo concello de Ribeira que se desenvolverá do 15 ó 30 de outubro nas instalacións da casa da Xuventude.

Os interesados en inscribirse poden facelo ata o 14 de outubro a través do departamento de Normalización Lingüística tanto por teléfono como de xeito presencial no Centro Cultural Lustres Rivas. O límite é de 20 prazas.