RIBEIRA> Os ribeirenses terán unha cita co deporte o próximo 12 de outubro. A Escola de Boxeo El Canario organiza por terceiro ano consecutivo a Milla da Hispanidade. Haberá premios para os tres primeiros clasificados na categoría absoluta.
A Milla da Hispanidade que se celebrará en Ribeira o 12 de outubro a partir das once da mañá consolidouse nesta terceira edición como unha das citas deportivas destacadas do Barbanza. Dende o ano pasado, a carreira está homologada pola Federación Galega de Atletismo, o que atrae a numerosos corredores.
Os interesados en participar poden inscribirse ata o 8 de outubro a través da web www.carreirasgalegas.com. Haberá distintas distancias en función da idade dos participantes dende sub 8 ata sub 14.
Na categoría absoluta haberá premios para os tres mellores tempos tanto femininos como masculinos de 100, 75 e 25 euros. No caso de bater o récord da proba sumaranse 50 euros adicionais.











