NOIA> O executivo noiés desenvolve dende hai varias semanas as obras de mellora das beirarrúas e o empedrado na rúa Galicia.
A actuación, financiada integramente a través do Plan Único da Deputación, conta cun orzamento de preto dos 50 mil euros.
Ó mesmo tempo o Concello aproveitou a realización estes traballos para realizar tamén a substitución das vellas tubaxes de fibrocemento da rede de saneamento e a renovación de servizos.
Dende o goberno local confían en que as obras poidan estar rematadas nos vindeiros días.
A actuación era unha vella demanda, xa que a beirarrúa anterior presentaba numerosas deficiencias, nunha zona ademais moi transitada da vila polo que se accede ó casco histórico.
A actuación vén a dar continuidade a outras actuacións que tamén se desenvolveron na zona como é o caso da mellora dos xardíns Felipe de Castro e do Campo da Feira.











