Boiro pídelle a Educación que acometa a mellora da fachada do edificio de infantil...

O executivo boirense carga contra a Xunta e pídelle que acometa de inmediato, tal e como acordara no seu día, o arranxo da fachada exterior do edificio de infantil do colexio de Santa María do Castro. Dende o goberno local denuncian o estado que presenta esta instalación con filtracións de auga continuas que requiren unha actuación rápida para evitar danos no edificio e riscos para os alumnos.

A escaseza de recursos e a baixa cotización condicionan a campaña do polbo

Pouco polbo nas primeiras semanas de campaña. Á escaseza de produto súmase unha forte baixada da cotización que está a lastrar o inicio da pescaría.

Amas de Casa de Ribeira pon en valor o seu traballo coa mostra Aires...

Máis dun cento de alumnos dos obradoiros das Amas de Casa de Ribeira exporán os seus traballos na Mostra Aires de Dorna que se inagurará o próximo 18 de agosto no museo municipal. A exposición, composta de elaboracións artesanais, poderá visitarse ata o 15 de setembro.

Este venres arrincan na Pobra as festas do Carme dos Pincheiros

A Pobra prepárase estes días para vivir unha das súas citas festivas do verán, o Carme dos Pincheiros. Os festexos desenvolveranse do 14 ó 17 de agosto cunha extensa programación dirixida a satisfacer a todo tipo de públicos, dende pequenos a maiores.

O CIM de Ribeira fomenta a corresponsabilidade cun obradoiro de Batch Cooking

O concello de Ribeira segue a fomentar a corresponsabilidade con iniciativas como o obradoiro de Batch Cooking que se celebrará do 24 ó 27 de agosto. Será impartido polo prestixioso cociñeiros Iñaki Bretal na primeira planta do mercado municipal.

O PSOE de Rianxo advirte da demora no pago a provedores

O PSOE de Rianxo esixe ó goberno maior transparencia na información sobre o pago a provedores. Os socialistas denuncian que a débeda actual ascende a preto dun millón de euros e o período medio de pago rolda os 90 días.

Sae ileso e polo seu propio pé o condutor dun vehículo que caeu ó...

Susto na Pobra esta madrugada cando un vehículo caeu ó mar na na rotonda do porto deportivo. Afortunadamente o condutor, que resoltou ileso, puido saír polos seus propios medios. Tanto o suceso como a retirada do turismo causaron grande expectación.

Avanza a bo ritmo a reconstrución do pavillón do IES Porto do Son

A delegada territorial da Xunta supervisaba esta mañá as obras de remodelación do pavillón do IES Porto do Son que resultara afectado por un temporal no outono de 2024. Ademais da reconstrución e reforzo do perímetro, procedeuse á mellora da instalación e da cuberta e á construción dun novo almacén.

Noia celebrará o San Bartolomeu con seis días de festa para tódolos públicos

As festas do San Bartolomeu de Noia presentan un cartel para tódolos públicos con gran presenza do tecido cultural da vila. Celebraranse entre o 21 e o 26 de agosto e contarán con numerosos concertos, actividades infantís e citas tradicionais como a festa da empanada.

O Porto do Son volve render tributo ó polbo

Porto do Son acollía esta pasada fin de semana unha nova edición da Festa de Exaltación do Polbo á que acudiron centos de persoas. Ademais do cefalópodo, do que se serviron ó redor duns mil quilos, tamén houbo mexillóns, churrasco e empanada, nun ambiente festivo inigualable.

REDES SOCIAIS

40,723FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete