Noia regulariza o seu punto limpo

NOIA> O executivo noiés logra a regularización do seu punto limpo. Segundo informaron fontes municipais dáse así fin a un proceso de anos no que a instalación viña funcionando sen autorización.

O punto limpo, cuxas instalacións están situadas no polígono de Augalevada, xa está legalizado. O executivo local culminou un proceso administrativo iniciado no 2025 que permite poñer fin a unha situación irregular, xa que a instalación levaba máis de cinco anos sen dispor da correspondente autorización. Con esta regularización o Concello evita posibles sanción que poderían chegar ata os 300 mil euros.

O goberno local conseguiu ademais mellorar o custe asociado á xestión do punto limpo, reducíndose nun 20%, cun viste anual para as arcas municipais duns 180 mil euros.

Dende o Concello destacaron a importancia deste servizo que se presta de xeito gratuíto á veciñanza. Nel recóllense todo tipo de aparellos e voluminosos, así como electrodomésticos, que non se poden depositar nos contedores habituais.

–inserto

O servizo funciona de luns a sábado en horario de mañá, de nove a unha e media, a excepción dos xoves que abre só de tarde, de catro a sete e media.