BOIRO> O concello de Boiro vén de acondicionar un local para a comunidade de montes no centro social de Cespón. Emprázase na parte superior do inmoble que fora executado con fondos da entidade trala cesión dos terreos por parte da administración local.
O concello de Boiro saldou unha débeda histórica coa comunidade de Montes de Cespón habilitando un local para a entidade no centro social. O inmoble fora construído grazas a un convenio entre os comuneiros e o concello polo que a administración pública cedía os terreos e a comunidade asumía os gastos de execución do proxecto.
As obras, cun orzamento de 14 mil euros, consistiron no acondicionamento dun local na planta superior do edificio no que está prevista tamén a construción de máis dependencias.











