BOIRO> Boiro celebra este vindeiro domingo a quince edición da Festa da Bici. A cita, organizada polo Concello e promovida polo Club Ciclista Barbanza, reunirá a preto de 800 participantes. A proba non terá un carácter competitivo e a súa finalidade non é outra que a promoción do deporte das dúas rodas.
Esta mañá presentábase no Concello unha nova edición da Festa da Bici. A cita, organizada polo departamento de Deportes e promovida polo Club Ciclista Barbanza, terá lugar este próximo domingo. Prevese unha participación dunha 800 persoas. O único requisito ser maior de seis anos e ir provisto de casco.
O percorrido será semellante ó de edicións anteriores, cunha lonxitude total de 14 quilómetros con saída ás once da mañá dende a praza de Galicia, para partir cara a Escarabote, para chegar posteriormente a Cabo de Cruz, para regresar despois ó punto de partida por Exipto.
Dende o Concello destacaron tamén a implicación e colaboración de numerosas empresas. A cita non non terá un carácter competitivo e a súa finalidade non é outra que a promoción do deporte das dúas rodas.
O prazo de inscrición remata este venres, podéndose realizar de forma presencial no departamento de Deportes ou ben a través do correo electrónico deportes@boiro.org. Tamén dan opción de anotarse o mesmo día do evento momentos antes da saída.











