RIBEIRA> A campaña do libre marisqueo limitarase ás outras zonas trala decisión da Xunta de manter pechados os tres grandes bancos. A medida busca favorecer a recuperación dos Lombos, Cabío e O Bohído que se atopan baixo mínimos. Os rañeiros poderán acollerse ás axudas do FEMPA para paliar a perda de ingresos.
As mostraxes tomadas polos técnicos da Xunta de Galicia revelan un panorama desastroso, semellante ó que nos últimos anos se ven dando no libre marisqueo. Con estes datos, o próximo 1 de outubro os tres grandes bancos permanecerán pechados e tan só se poderá faenar nas coñecidas como outras zonas.
A pesar do pesimismo sobre o estado dos bancos, os análises autonómicos reflicten a presenza de abundante cría de berberecho e ameixa nos Lombos polo que se plantexa a posibilidade de desenvolver plans específicos de cada confraría para o traslado deste marisco de talla non comercial ás súas autorizacións.











