O concello da Pobra ultima o acondicionamento do novo aparcadoiro do Lagar

Tras habilitar zonas reservadas para residentes no Lagar, o concello da Pobra procedeu a alugar unha parcela na zona para estacionamento libre. Operarios municipais ultiman estes días os traballos de acondicionamento para a posta en marcha do novo aparcadoiro.

Noia licita a reforma integral do parque infantil da Alameda

O concello de Noia acometerá de inmediato a renovación integral do parque infantil da alameda. A actuación, cun investimento de case 67 mil euros, permitirá crear un espazo máis seguro, moderno e inclusivo, con novos xogos, un pavimento renovado e elementos adaptados.

A Deputación da Coruña pon en valor o turismo enolóxico co seu apoio ...

Éxito da terceira edición do Boviño Fest que reuniu no Barbanza a unhas dez adegas de toda Galicia. O obxectivo desta cita á seguir a promocionar a IXP Viños da Terra do Barbanza e Iria ó tempo que se pon en valor a cultura, a paisaxe e o patrimonio. O evento conta co financiamento da Deputación da Coruña.

A XII edición do Torneo Congalsa de Golf reunirá a un cento de participantes

Esta mañá presentábase nas instalacións de Barbanza Golf, en Macenda, a 12 edición do Torneo Congalsa que terá lugar a fin de semana do 22 ó 24 deste mes de agosto. Na cita deportiva, xa consolidada no calendario galego, prevese unha participación dun cento de xogadores.

Medio cento de postos integran a Feira Castrexa de Boiro

Este venres abriu as súas portas o mercado castrexo de Boiro. A rúa peonil albergará durante toda a fin de semana máis de medio cento de postos de artesanía, gastronomía e produtos variados que atraen ata a vila a centos de visitantes.

Diego Calvo supervisa as obras de ampliación do complexo deportivo da Tarela

O conselleiro de Presidencia visitaba esta mañá O Porto do Son para coñecer o avance das obras do complexo deportivo da Tarela. Esta primeira fase permitirá a ampliación do ximnasio e a creación dunha nova área de aparcamento.

A confraría da Pobra recorre á vía penal ante a avalancha de furtivos nas...

O incremento do furtivismo levou á confraría da Pobra a adoptar medidas drásticas. Ademais do reforzo da vixilancia por parte dos mariscadores, recorrerán á vía penal en vista da ineficacia das sancións administrativas.

A Regata Rías Baixas volverá recalar na Pobra na súa 63 edición

A Regata Rías Baixas volverá recalar na Pobra do Caramiñal na súa 63 edición. Medio cento de embarcacións tomarán parte nesta proba, unha das máis lonxevas de toda Galicia, que se compón de catro etapas co porto pobrense como única escala na provincia da Coruña.

Un cento de deportistas participarán na Travesía a Nado entre Testal e O Freixo

Preto dun cento de persoas daranse cita na Travesía a Nado entre os portos de Testal e o Freixo, organizada por ADECO-DEA. A proba, que se desenvolverá o sábado 15 de agosto, non terá carácter competitivo senón que busca converterse nunha xornada para o deporte e a inclusión.

Emprendemento mozo en Rianxo co chiringuito Terapia

Rianxo conta este verán cunha nova oferta de ocio. Emprazado nun marco incomparable, como é a praia de Tanxil, atopámonos co Chiringuito Terapia. Está rexentado por un mozo da localidade, Ezequiell Míguez, que con tan só 17 anos decidiuse a abrir o seu propio negocio. E polo que vemos non lle está indo nada mal…

REDES SOCIAIS

40,723FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete